CAST / GAL

A noite antes do verán...
Daniel Filloy, 19, O Carballiño (Ourense)

... as nosas mans bicáronse lentamente e a lingua acariciou os brazos. Os nosos beizos miráronse sen tocarse. E no medio dese amor silente chegou o día, e con el desaparecín e desapareceu. Co sol fundímonos xuntos, tornándonos pó. Unidos para sempre e nunca máis.

Só a noite terá o recordo daquel soño entre nigromantes.
Compartir: