CAST / GAL

Medrar cos soños da man.
Ángela, 30, Santiago de Compostela

Vin medrar os soños malia os medos e os (d)anos.

Leveinos da man sobre as nubes e eles non me soltaron as veces que a vida me deixou en caída libre.

Xogamos a ser maiores —a imaxinar que se cumprían— pero tamén foron moitas as tardes que pasamos poñendo curas nos xeonllos polos golpes de realidade.

Vin medrar os soños.
Vinos botar raíces no meu propio peito, crecer con cada latido e, ás veces, afogar entre bágoas de fracaso.

É por iso que non os solto
—do mesmo xeito que eles seguen a abrazarme, malia os medos e os (d)anos—.
Compartir: