CAST / GAL

Outro mundo
Sisa, 70, Rúa Irmán Sarabia 2-2A

Xuntas dominaremos o universo, acordou cando rematou de ler "O segundo sexo" de Simone de Beauvoire. Rexeitou o mundo cheo de competitividade no que vivía. Incluso as mulleres loitaban entre elas polo favor dos homes.
Se nos unísemos e colaborásemos entre nós? se nos axudásemos e fixeramos dos coidados o común? "Eu te coido, ti me coidas" sería o lema. Bebeu un grolo do té que se lle arrefriaba na cunca, pechou os ollos... divisou un futuro sen guerras, con adiantos científicos, en harmonía co medio ambiente...e soubo que non quería abrilos, que quería vivir nese soño un anaquiño máis.
Compartir: