CAST / GAL

Ola
Mabel, 27, A Salgueira

Ás veces apareces polas noites, cando a mente anda no limbo e Morfeo me ten entre os brazos.
Só entón rimos e nos damos bicos.
Pero a realidade é outra. Ti andas lonxe. A túa carne e os teus ósos nunca estarán aquí.
É unha angustia penetrante que me queima a alma.
Hoxe volvín soñarte e cando espertei tiña unha mensaxe.
Na pantalla apareceu o teu nome e perfiladas debaixo líanse tres letras. OLA.
O destino é tráxico case sempre; menos ós poucos, cando decide brillar o sol.
Compartir: