CAST / GAL

Mulleres invisibles
María, 30, San Vicente de Vigo, Carral

Os meus avós xa non están, mais deixaron aquí o traballo de toda unha vida e infinitos silencios. Nesta casa as cousas importantes xamais se dixeron en voz alta, por iso habitan nos recunchos onde eles calaban.

Eles xa non están, mais deixaron aquí as cousas que xamais se dixeron. Eu que heredei o don de falar co vento, síntome coma o gardián dos seus segredos.

Ás veces miña avaa cruza a noite para falarme dos soños machucados das mulleres invisibles que o tempo e a historia olvidaron. Hai cousas sagradas que só se poden escoitar no silencio da alma.
Compartir: