CAST / GAL

Nun día solleiro
Morgan, 51, Vigo

Alí estabas ti. Véxote cando o vento mo permite. Tendendo a roupa no patio, aproveitando este día tan solleiro. Sempre afanada. Sempre cargada coa túa tina. Sempre con tempo para un sorriso ao verme chegar. Eu a correr entre as sábanas molladas e ti a pedirme que o deixara.
Hoxe neste día tan solleiro, xa non estás tendendo a roupa e eu que estou aquí para te axudar, búscote no patio e xa non te atopo.
Esperto e vexo pola fiestra un día solleiro. Un deses días de patio con roupa mollada.
Compartir: