CAST / GAL

Os soños e o mar
Huellas en la arena, 49, Vigo

O soño empezou a ser recurrente....ó principio resultaba molesto e doloroso, pero pronto se converteu no meu desexo cada noite antes de meterme na cama. Estar no acantilado, sentir a brisa fría e húmida, sentir a salitre pegándose na miña pel, asombrarme coa forza das olas nas pedras, querer tocar a branca e espesa escuma, mirar o horizonte e esperar que él se achegue e me aperte con forza, que queza o meu corpo frío cos seus brazos e sentir todo ese amor a pesar de non cruzar nin sequera as miradas. Non querer despertar, ese é o verdadeiro soño.
Compartir: