CAST / GAL

Soñando PAZ
Adela Teresa, 56, Santiago de Compostela, A Coruña

Un raio de luz acaricia o meu rosto, sorrío, desperézome... Encántanme as mañás calmas onde os límites do tempo dilúense coma o canto dos milros entre a follaxe da miña ventá. Érgome caladamente para almorzar na galería ulindo café, tostas e xeranios (non quero espertalo). Mentras saboreo o silenzo da mañán a sorbiños sinto seu alento rematar nun bico na miña meixela. "Alexander", musito. Xírome para bicalo, a taza do café cae, esnaquízase.. coma a miña perna, coma a súa lembranza, coma a galería... Esperto, soa. Unha bágoa inmensa percórreme a ialma. Miro a ventana e sigo soñando. Soñando PAZ
Compartir: