CAST / GAL

O Miradoiro
Maikel Nuñez, 38, Rubí (Barcelona)

Xa perdín a conta dos pasos que dera. Notei como o alento empezaba a faltar e a respiración era case cortada. Un par de pasos máis e xa estaba. Merecera moito a pena. As impresionantes vistas que se abrían aos ollos eran sinxelamente espectaculares. Sen dúbida era o maior espectáculo que presenciara nunca. Os pulmóns cheos de aire puro e fresco, os ollos marabillados diante de tanta luz e maxia. Aí estaba, o Canón do Sil en todo o seu esplendor. Subir ata o miradoiro das Penas de Matacás fora o mellor descubrimento deste ano.
Compartir: