CAST / GAL

soños
maría marin, 60, Pontedeume (A Coruña)

Tumbada sobre a herba durmía, soñaba... Sentía o corpo lixeiro, sen peso, camiñaba entre nubes ao solpor. Tranquila, como facía tempo que non pasaba.
Ao lonxe,unha silueta achegábase a min, mais non tiña medo. Era un cabalo de longas crins e ás máis longas aínda. Puxo o seu fociño contra meu peito, acariñeino con suavidade e mentres poiden ver nos seus ollos, grandes e escuros, como lagoas sen fondo, todo aquilo que desexaba para min.
"O que estas a comtemplar ten un prezo: traballo e esforzo. Disposta a pagar?"
Compartir: