CAST / GAL

Eureka
Aila Arfé, 29, Madrid

- ¡Eureka!-exclamou o sabio dende a bañeira- ¡Eureka, eureka, eureka!-berrou mentres corría en coiros polas rúas de Siracusa.

Todos coñecemos a anécdota de Arquímedes e, o que é máis importante, todos nos sentimos coma el nalgunha ocasión. Esa emoción ó chegar de súpeto unha idea, o instante xusto de iluminación divina, o momento de revelación dun descubrimento... Ben pode ser a resolución do exame final de matemáticas, a forma de conseguir a cita coa rapaza que te gusta ou a inspiración para un microrrelato. Si, todos fumos filósofos gregos alguna vez e tamén nos berramos tan tolos coma el ¡eureka!
Compartir: