CAST / GAL

Espertar
Soñadora compulsiva, 34, Ferrol

Saúdo a todas, por fin nos xuntamos.
Falan entre elas incómodas...
"Se o sei, non veño" (digo con risa nerviosa).
"Estabamos ben ata que chegaches". Fágome xeo mentras un nó se instala na miña gorxa.
Pestanexo, estou preto dun lago, non hai resposta ás miñas preguntas sen voz. Choro berrando, noto como estou tendida na cama, a escuras, sen abrir os ollos.
Oscuridade.
Noto algo raro nesa oscuridade,que é? Un timbre? Esperto.
Miro o teito e entendo que teño medo, medo de perdela, medo de sobrar.
Só foi un soño, repito coma un mantra... Iso nunca me acouga.
Compartir: