CAST / GAL

Soños do pasado
Begoña Rodriguez, 39, Vigo, Pontevedra

Era un domingo de verán, acabábamos de xantar, e entre café e chupitos de augardente comenzamos a cantar cancións populares, ti acompañabas coa harmónica, botamos a tarde, comenzado todas as cancións, pero sen rematar ningunha.
- Hai que mercar un libro de cantigas, dixo a tía Concha.
(Risas)
Escomenzaba a anoitecer, e dixécheme:
- Vai buscar o coche, que xa é tarde e hai que traballar.
Collín as chaves e comencei a camiñar.
De repente un pitazo na rua sacoume de ese soño, que tantas veces foi realidade coa familia e contigo, Papá.
Compartir: