A INMUTABILIDADE DO SER
Isa, 49, Santa Comba
Xa case non lembraba o seu rostro sen engurras. Mais, cando acariciaba a pel tersa e delicada da súa netiña, regresaba á súa tenra infancia. Pasaran moitos anos e os cambios sucedéranse sen descanso. O tempo deixara a súa pegada no seu corpo, mais non na súa esencia. Aínda seguía sendo aquela nena que se marabillaba co brillo dun arco da vella.