CAST / GAL

-
Eva, 43, Artes, Carballo

Ela camiñaba paseniño e con cada pegada alongaba o camiño. O tempo voltábase tan seu, o espazo tan presente, un corpo, un latexo. O sentimento atopaba anacos de novos e íntimos mundos que resonaban como estoupidos de ledicia. Nun intre recoñeceuse, viva, chea, nun plenilunio autocompasivo que a dirixía cara a si mesma, por fin... Seguiu, os pés apuraban o contacto co chan... A pel morna polo sol... O tempo parou e tornouse seu... Observou, escudriñou o ceo e viuno: o miñato voaba, danzaba máis ben; semellaba ela mesma polo sendeiro. Agora, libre, non voltaría sela mesma xamáis.
Compartir: