No xardin do pazo
Don Xoan Tenorio, 20, Amarela
Finalista

A danza das estacións era un haiku pintado con cores cambiantes: Na primavera, a flor de camelia brotaba no pazo de Oca, tímida geisha, vestida de escarlata abrense de branco. O verán tecía a súa poesía entre os campos de lavanda, como un grilo cantando na solleira. O outono, un raposo astuto, oculto entre follas de carballo, roubaba suspiros dourados. E no inverno, a choiva rumoreaba segredos de musgo aos carballos durmites. Así, a natureza galega, na súa danza ancestral, encantaba corazóns con cada estación.