CAST / GAL

Tesón
Mª Josefa S., 43, Vilagarcía de Arousa

Entrei e espinme da parte superior.
Primeiro un peito, despois o outro... Xamáis fixera unha mamografía. Non doeu. O medo que unha sente ó que poida saír nos resultados é máis forte que o resto.
Pero eu xogo con vantaxe, xa que independentemente do que as probas certifiquen, quédame moito por vivir. Agora son máis forte. Decateime hoxe, despois de sete anos, mentras agardaba a que dixesen o meu nome para entrar. Agora teño máis motivos para estar viva e loitar. Agora teño esa afouteza que fai que renderse non sexa unha opción. Por que? Porque agora son Nai.
Compartir: