CAST / GAL

RECOÑECÉNDOME
LU, 41, Castro de R. Lea

A LUZ ENTRABA POLOS OCOS DA PERSIANA VELLA E DEIXABA NA PAREDE UN MOSAICO DE FIGURAS XEOMÉTRICAS. A CAMA ERA UN RUMOR MOLESTO DE SÁBANAS. A VIDA ERA UN RUMOR MOLESTO DE COSTUMES, DEFECTOS E TRISTURA. ELA TAMÉN ERA RUMOR. ENTUMECIDA ERGUEUSE DO AGOCHO E NO ABRIR DE CONTRAS, O FARO SOL MIROUSE NO ESPELLO E NO RESPLANDOR DA SÚA LUZ DESCUBRIULLE UNHA ELA ESPIDA, ESPERTA, ALADA...SEN MEDOS, SEN VERGOÑA, SEN RUMOR. ABRIULLE A PORTA AO REXURDIR DUNHA ELA VIVA, LIBRE. DEVOLVEULLE A IMAXE DE CANDO ERA VOZ E DESCUBRÍNDOSE, SORRIU.
Compartir: