CAST / GAL

Ela
lupe, 52, Arteixo

Saín cedo, antes de que raiase o sol como ela me ensinou.
Subín cara o monte e fixen o atado. Olleino e quedéi satisfeita.
Ó vir de volta parei na fonte e enchín o caldeiro.
Agardei que chegara a noite.
Ó resio, as herbas e flores flotaban na auga e ó notar o seu arrecendo soñei....soñei que pola mañán ela estaría alí lavándome a cara.
Compartir: