He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Breogán, 34, Barbadás

A traballadora social nunca vira un reencontro semellante. Ao longo das súas vidas, eles estiveran separados mesmo períodos maiores, mais ningún tan medorento coma este. Medo a perderse, a perder ao outro sen sequera despedirse.

Loitaran, perderan, emigraran. Primeiro ela, logo el. Nada era comparable. A anguria asoballaba o seu corazón que batallaba fronte á enfermidade, procurando espertar un novo día.

Mais sentíu que chegaba o intre de partir definitivamente e atopou empatía e humanidade, coma sempre, na profesional. Esta cedéulle o seu móbil e, logo do seu encontro, acompañouna ata o final como lle pediran.
Compartir: