CAST / GAL

Contos e pesadelos
MIGUEL FERNÁNDEZ-REI, 64, A Coruña

A rata sorría mentres outras seguían o seu rastro achegándose ás nosas camas. O meu corazón latexaba cada vez máis rápido e a calor aumentaba con intensidade. Goteaba a miña fronte cando un sobresalto liberoume. Os últimos restos da choiva nocturna batuxaban compasados sobre o cubo que fora azul e, xunto aos tímidos raios que se coaban pola nosa desvencellada porta, suavizaron o meu brusco espertar. Música e luz afastando o maldito soño. A miña irmá continuaba durmindo, tapada cunha destinguida manta marrón e branca que cada día amencía máis raída. As ratas só sorrín en contos e pesadelos.
Compartir: