CAST / GAL

Soño de liberdade
Gonzalo, 18, Pontevedra

Era un neno que soñaba cunha caixa de cartón. Desexaba construír un barco e marchar lonxe de Taiwán a descubrir o mundo.

Traballaba extensas xornadas nunha fábrica embalando produtos e agasallos que percorrerán o enteiro mundo. Cando caía o sol, emprendía o longo camiño á súa casa.

Soñaba con fuxir dentro dunha caixa, coma todos eses paquetes que percorrían a cinta transportadora ata o seu destino.

Non deixaba nada atrás máis que un inferno ao que chamaba fogar. Un mundo miserable que escravizou a súa infancia.

Mentres tanto, seguirá embalando caixas coa esperanza de lograr o seu soño de liberdade.
Compartir: