CAST / GAL

Ti
Mixto, 20, Melide

Andaba a tentas buscando a chave da súa luz sen tratar de ver o que tiña diante. Non tardou moito en atoparme e pensamos que era o final. Quixo explorar tanto en min e conmigo que esquecimos quenes eran os que comezaron a coñecerse. Descubrimos dous mundos novos que non fomos quen de deixar ir.

Lanzar a vista atrás deixoume coa dúbida de volver a ollar esa mirada. Un novo continente que non fun quen de acadar.
Compartir: