CAST / GAL

Xuventude Diviño Tesouro
Marcelo, 55, Vigo

Quería voltar a aqueles tempos de mocidade. Daquela fervíame o sangue, comíame o mundo e as mozas ían tras de min porque eu era un mozo ben feito, forte e ben simpático, ¿quen ía pedir máis? Devezo por voltar a aqueles anos… Faláronme dunha fonte de sete caños, tiña que beber de cada un deles, dar unha volta ao seu redor e repetilo sete días seguidos dicindo un rezo. E fíxeno! Tiñan que notarse os efectos da milagre axiña, pero a min que só bebo viño, deume unha boa cagarrela e por máis que miro no espello…
Compartir: