CAST / GAL

Soñando polos ceos
Alfonso, 52, A Coruña

Finalista

O avión aterrou. Dende a súa saída, Uxío sentía que por fin chegaría o momento de vivir aquilo que tanto anceiaba. Poder contárllelo aos seus compañeiros de clase formaba parte dese soño. Era a primeira vez e a súa faciana amosaba unha expresión de excitación e sorpresa que chamaba a atención dos que estaban ao seu redor.

Baixou ás presas os banzos e cando pisou a rúa, aínda estaba alí. Aquel anaco de papel ao que lle fixera as dobreces necesarias para que voase dende a fiestra do oitavo piso. Conseguírao por fin, 45 segundos de voo, soño cumprido!
Compartir: