CAST / GAL

O silencio
Historia, 14, Lugo, Galicia

Escoitei o silencio. A súa música colleume da man , invitoume a soñar ó seu carón; e levoume onda ti.
Soñei cos teus ollos brilando, cos teus beizos cun sabor doce, coas túas mans enredadas no meu cabelo... Pero o molesto ruído da memoria espertoume.
Confusa, mirei ó vacío. Aí estaba a soidade. Mirámonos profundamente. Estiven así horas, mirando o meu propio reflexo no espello ata que pareceu absorberme.
Entón, aquel amor salgado fixo que me picaran os ollos. As miñas bágoas foron limpadas pola man dos soños, que me debuxou un sorriso e se colou na miña cabeza.
Compartir: