CAST / GAL

Un paporroibo
Trapalleira, 36, Cerceda

Finalista

Despegou as follas do albume e alí comezou unha procesión de persoas achegadas, momentos vividos e lugares familiares. As suas mans enrugadas paseaban polas caras que cada día lle costaba máis lembrar. Nun pequeno recadro, ela e maila sua nai posaban forzadas. Canto a odiou cando lle dixo que non podería estudar fotografía, e canto a botaba en falta dende que non estaba. Despregou as suas fotos a carón do album e topou un paporroibo que encaixaba á perfección na mesma páxina. Aos seus oitenta anos, mercara a súa primeira cámara reflex. Xa era tempo de sumar novas lembranzas.
Compartir: