He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Xurxo, 40, Madrid

Finalista

Despois de moitos anos sen el, tiven a oportunidade de atopalo de novo. Nada máis vérmonos, coma non podía ser doutro xeito tras a sorpresa, apertámonos moi forte e sentín como dos meus ollos escorregaban unhas bágoas polas meixelas, moi amodo, até os beizos. Tépedas, tiñan un sabor agridoce. Pregunteille como estaba tras tanto tempo. Díxome que ben, mais notábaselle unha grande inquedanza, mesmo unha esgazadura de dor, cando engadiu que eu non era o primero ao que agardaba por alí. Díxenlle que o sentía; que xa sabía eu que esperaba por mamá. Calou. Non hai orde abaixo, papá. Ningún.
Compartir: