CAST / GAL

PRINCESA
LinSanMar, 49, Monforte de Lemos

Soñei, na fría escuridade, na fiestra debruzada, espreitando o ceo azul cheíño de estrelas claras.
Vinte cabalgar ao lonxe, a carón da lúa prateada,
espada cinguida levas e postas calzas,
casaca vermella de seda e no chapeu pluma branca.
Alazán veloz trotando coas súas ás compasa,
parece que suca o vento coa súa nobreza brava.
Máis acordei do meu soño coa mañá xa moi entrada.
O sol lucía con forza, a lúa xa se deitara.
E descubrín que soñara...
Era soño o que tivera, e soño era, máis nada.
Mais pola fiestra mirei e vin no chan a pluma branca.
Compartir: