CAST / GAL

Ilusión dende o cristal
Fer, 62, Vigo

Todos os seráns chegaba á mesma hora. Coa súa elegancia de muller madura ía cara á mesa preto da gran fiestra que deixaba ver a rúa. Tomaba un té ben quente mentres fixaba os ollos no exterior, semellaba absorta en apesarados pensamentos.
Unha tarde viuno saír do edificio que se ergue a outra beira da rúa. A súa fraca figura de pelo cano aparecera de súpeto das portas xiratorias do inmóbel.
Ela, cos ollos fixos naquel atraíbel home gris xurdido de outro tempo, sentiu o renacer dunha feble esperanza nos latexos apurados do seu corazón.
Compartir: