CAST / GAL

A feble cima
Xurxo/Jorge García, 51, Vigo

Ó pé da montaña contemplo a cima como un soño inalcanzable. Quero chegar, atrévome a subir. Supero o empedrado camiño cheo de rochas. Con non poucos cortes deixo atrás a maraña de silvas que me pechaban o paso. Os lobos non son quen de collerme, eu son máis raposo.
Cheo de feridas alcanzo a cima. Éxito. Qué luz! qué horizonte! qué paisaxe! qué... monda de plátano. Non!... Piséina! ... Aaaaaah.... Qué caída!. Outra vez abaixo.
Volvín ver cara arriba, as silvas creceran, os lobos me estaban esperando, e eu, xa non tiña folgos.
Compartir: