CAST / GAL

De cativa
ÁNGELES, 51, A Estrada

De cativa os meus soños eran de algodón de azucre. De capricho de bolboreta. De mazá vermella e crocante de caramelo. Un bico de mamá cada noite pousado na almofada da princesa.

De moza quixen ser a Sofía Loren da parroquia de abaixo. Os ollos de améndoa e o vestido cinguido nas coxas apetecibles. Atraer as miradas dos que tamén soñaban, pero comigo. Ser boneca.

Deixei que outros me soñaran. Fun melindre, trofeo, floreiro, peza codiciada. Fun o que quixestes que fora.

Agora desexo construírme lonxe das vosas expectativas. Non adiarme nunca máis nos soños dos outros. Soñarme.
Compartir: