CAST / GAL

As cereixas e a menta
Pepaloba, 66, A Coruña

Un vento perfumado abriu a ventá e descubríu tras dela unha fada voando sobre as murallas romanas; levaba un traxe de seda de cor verde e portaba na man unha variña cunha estrela cintilante.
Aterrou docemente aos pés do berce e díxolle á primoxénita
- " Dareiche saúde, beleza e poder de sedución "
A nai sentíu o frescor e o sabor da menta nos beizos
Chegou tras dela outra fada de longa melena ondulada cun traxe de veludo vermello que lle vaticinou
- " Terás forza e terás decisión "
E sentíu entón o sabor das cereixas
Compartir: