CAST / GAL

Cen anos e outros cen máis
Carla, 27, Sarria, Lugo

Soñei cos nosos ollos brillando ao mirarnos. Soñei coas nosas apertas e con que nos queriamos algo máis ca un «quisquirischís». Soñei que iso era o significado de ser feliz.

Pero a realidade estourou diante miña.

E eu, presa do sufrimento e cun pensamento infantil, daría cen anos da miña vida por estar coma a Bela Adormecida e vivir soñando cun mundo no que non hai excusas para deixarse ir e poder vivilos xunto a ti.
Compartir: