CAST / GAL

Os meus comenzos
AB., 47, A Laracha

Soñei... raioliñas d'aquel amencer, raioliñas d'aqueles meus comenzos, a elas, quen puidera volver...
Felicidade, alegría... na presenza d'aqueles, q'eu máis quería...
Rosíñas...d'aquela roseira, panxoliñas, aloumiños... ó pé, d'aquela lareira.
Soñei... aquel meu lugar, paxariños piadores, campos frolidos i o seu mar, ai!! aquel mar...
Cubríndo d'escumas... aqueles penedos, co seu traxe, de branco folerpar...
No medio da noite, truncou aquel soñar... atopei, aldea espida... nin xente, nin froles, nin mar!!! Miña iálma, deixába o lugar... por outro, que xamáis eu vin...
Campaniñas salvadoras!!! D'aquel espertador, bateron e bateron... ata me levantar, aínda é cedo!!! pra deixá-la aldea, espida de min...
Compartir: