CAST / GAL

O legado dos devanceiros
María Josefa, 43, Vilagarcía de Arousa

Finalista

Laura vivía na cidade por mor do traballo de seus pais, malia que os tres desexarían facelo no rural.
Un domingo, aproveitando a visita ós avós, nai e filla foron pasear ca bicicleta pola aldea. Sua nai detívose e púxose a tirar amodiño dunha herba pola parte superior. A herba separouse como se estivese unha dentro doutra. Cortou coas mans un anaco da parte máis tenra e apoiando un estremo contra a fronte, esmagouno un pouco cun dedo. Soprou dentro da herba e ésta emiteu un son similar á gaita.
Laura descubreu que o alcacén, ás veces, está para gaitas.
Compartir: