CAST / GAL

Estío de azul
Alfaia, 49, Pantón

Cando eu aínda era moza, fun de vacacións á casa da miña tía na Coruña. Lémbrome de ver a Torre de Hércules e o Castelo de Santo Antón logo de percorrer a pé as longas rúas enlazadas que ata alí chegaban.
Un bo día deses, achegueime á Praia de Riazor. Alí, reparei en todo con moito acougo: o balbordo da xente, o rechouchío das gaivotas, o cheiro do mar, a calor do sol, o son das ondas...
Foiche épico, como maxia branca.
Compartir: