CAST / GAL

Vísceras
Pega Rabuda, 50, Vigo

Novamente os alfinetes nos pés. Invádeme a anguria: esas agullas converteranse nos teus dedos, subirán polas pernas e abriranse camiño no meu interior, desgarrándome, partíndome en dous.
Os dedos dos pés responden con espasmos e os alfinetes desaparecen, transmutándose nos cabeiros da gata reclamando o almorzo. Medio durmida palpo o ventre buscando unha masa sanguinolenta que non atopo. Ti aínda dormes.

Almorzamos as dúas. Rasqueta en man, limpo a cara de Bélmez de spaghetti e tomate que me mira na parede, outra noite de tolemia.

Satisfeita, a gata regresa á habitación. Empuñando a rasqueta, sigo os seus pasos polo corredor.
Compartir: