CAST / GAL

Chegar e encher
Bolboreta, 55, Vigo

Estaba abrindo e pechando a boca. Levanteime da mesa e saín da casa para respirar algo de fresco. Estireime aínda máis e ollei a cadela tirada no chan a sombra da viña. Abriu un ollo e voltou pechalo. Achegueime ata o portal para saíres as leiras e mirei abraiado un cestiño no chan. Agacheime a collelo e vin que un billete amosaba a súa cor verde por fora dun pano. Abraiado levantei o pano e había ¡centos deles…! Berrei pola Maruxa e saíu correndo, cando viu o cesto, colleuno ela, mandoume calar e entramos na casa sorrindo.
Compartir: