CAST / GAL

O marco da ventá
Sara Álvarez, 44, Soutomaior, Pontevedra

Os primeiros raios de sol acariciáronme a cara. Abro os ollos. Vexo unha onda dourada e transparente flotando no ar, traspasando o cristal da ventá. Son as oito da mañá. Volvo a pechar os ollos. Sinto que as pingas caen no tellado. O sol e a choiva fan parella, é o que ten a primavera. Vivir nunha cidade de porto. Érgome, achégome a ventá, ábroa. Son eu! Véxome deitada na miña cama flotando na auga. Non o podo crer! É a teima da miña cadela de espertarme lambetándome a cara. Quéroa.
Compartir: