CAST / GAL

Mar
CELIA, 65, VIGO

Finalista

Non recordo cando descubrín o mar. Nena de terra adentro, aínda que preto, o océano era un infinito inalcanzable. Tamén para moitos adultos que finaron sen contemplar o seu misterio e inmensidade.
Non recordo cando a miña mirada non alcanzaba para tanta fermosura e o corpo enteiro participaba do engado.
Non recordo o que sentín.
Si recordo que xa para sempre o meu espírito quedou prendido. Fío invisible que me acompaña.
Só ante a beleza da vexetación, das rochas, da minúscula vida dos bosques a miña alma se calma e o sosego chega a miña mente. Soño reparador, completo.
Compartir: