CAST / GAL

RecénEMaior
Belèn, 43, Betanzos, A Coruña

A forma dun recén/ou non (antes de facer o primeiro ano): de medio lado coa boquiña a modo de quilate de morango cun buraquiño onde sae un fío de nada de prata que debuxa unha lagoa im-perfectamente redondeada coma un mundo nunha manta de certo-pelo de cor amarela que ule a vida de limoeiro novo, a orballo de tarde de verán, a talco de perséidas e herba recén cortada na que á noitiña cantan os grilos e a rapazada apaña saltóns.
A mantiña foi agasallo da BIS que sigue soñando OS SEUS SOÑOS dous cuartos máis alá na mesma casa.
Compartir: