CAST / GAL

Paisaxe
Alex, 28, Pontevedra

Na Paisaxe, a mente pousa na palma da man; recibes o don do Oleiro.
Constrúes rúas e montes, pazos e fragas. Un muíño onde as xacias murmuran e unha fragata cabotando entre castelos de tronos. Megalópoles asolagadas de xente. A nave onde viaxas, o único humano en séculos de baleiro. Unha vella cociña, onde o gato durme xunto a lareira. O deserto onde defendes do sol o sangue da túa irmá. Bares onde cantas con amigos que inda non coñeces. Casas dos nosos antergos ás que sempre estás invitado.
Inconmensurable poder encaixado entre ósos, grazas ós deuses.
Compartir: