CAST / GAL

Soneca na antiga casa de Carballeda
CereixaNegra, 23, Lalín, Pontevedra

-Que ben se dorme aí eh, cando eu era neno subíame a escada e entre pedra e tella, roubáballe os ovos a bubela pra que non fixese alí o niño.

Murmurou o bisavó Pepe achegándose a fiestra do cuarto mentres eu repousaba o xantar anual das festas do San Ramón.

- A condenada non nos deixaba durmir e eu aproveitaba pra que a miña nai fixese unha tortilla con pan morno e leite mazada. Mira que ben vas durmir, hoxe non se escoitan os paxaros, xa chegaron a Castela.
Compartir: