CAST / GAL

A MELLOR HORA
JaviP, 43, Bertamiráns

Finalista

Na parada, só había un home miúdo apoiado no banco de pedra. Vestía traxe escuro tres pezas, gorra irlandesa e zapatos derbi.
Acomodei a saia e sentei no banco. El, saudou beliscando na gorra, tirou do reloxo que gardaba no peto e mirou a hora, e como se confirmase unha teoría, sorriu satisfeito, envolto nos seus pensamentos.
—Agarda vostede polo tranvía?— preguntei, só por preguntar.
—Así é.
—Leva moito tempo agardando?— falei para estirar un pouco máis a conversa.
—Agardaba por ti— dixo sentando ó meu carón—, pois, o reloxo empezou a funcionar.
Compartir: