CAST / GAL

ANIMOSOS GROMOS
MANUELA LÓPEZ CEA, 50, AMES

Finalista

Sae do traballo, chega a casa e, un día si e outro tamén, abre a porta do seu pequeno paraíso.
Pasea polo xardín o seu ollar amodo, acariñando apraciblemente. Fala coa mirada e respira o acougo que lle comunica ese lugar. Percibe os aromas que chegan ata ela e déixase embriagar. Contempla o xogo de variadas formas, de alturas diferentes, de cores suaves e intensas.
E descubre, cunha infinita felicidade serena, aquela folliña que onte non estaba, aquela flor que abrollou que non existía e aquel bulbo que ano tras ano renace.
Atrápaa a Natureza.
Atrápaa a vida que comeza.
Compartir: