CAST / GAL

Carmen
Lúa, 26, A Coruña

Os meus primeiros pasos foron coa miña avoa, a persoa que estivo ahí desde o inicio da miña vida.
Unha persoa moi querida que me viu medrar, que me viu caerme millóns de veces pero que sempre estivo ahí para levantarme. Tamén viu como conseguín obxectivos na vida e momentos tristes.
Quedaron moitas cousas que me gustaría que puideras ver pero aínda así sei que as persoas que marcan a nosa vida, seguen presentes no día a día. Grazas, Carmen, por ensinarme que persoas coma ti sempre formarán parte dos inicios do camiño chamado vida.
Compartir: