CAST / GAL

A GANDEIRA RURAL
SILVIA, 44, Lugo

A miña avoa é gandeira. Criou, mimou os seus cordeiros e a min, cada día.
Todos os animais tiñan nome e una benvida ó nacer.
Nunca tivo de días de descanso. Mais, cando viñan os tratantes a mercarlle cordeiros preguntaban:
- Señora, onde está o xefe?
A miña avoa xubilouse, miña nai tomou o relevo,
Os tratandes voltaron hoxe, Mamá abriulles a porta comigo da man e, cun sorriso iluminándolle a faciana, saudounos:
- Bo día, eu son a xefa! En que podo axudalos?
Eu ben sei que vou ser de maior, serei xefa! Coma miña nai e miña avoa.
Compartir: