CAST / GAL

As miñas rosas
Fátima, 35, Sanxenxo

Eu, contando verdade, nunca soñara con ser xardineira.
Coidar un xardín era para outros: non quería sufrir coas tempestades nin coas estacións, buscaba unha vida tranquila.

Un día, case sen esperalo, agromaron dúas rosas nel.
Agora miro as rosas medrar, régoas a cotío, esperto de noite preocupada por se unha xeada mas leva.
Hai días que gozo do seu arrecendo.
Outros déitome cansada de cavarlle as malas herbas.
As miñas rosas converteron esta vida nunha enorme aventura.
Nada hai xa máis importante para min que cultivalas.

As miñas rosas chámanse FILLOS.
Compartir: