CAST / GAL

Canouro
Ramón, 42, Negreira, A Coruña

Soño con anfibios. Un vento estraño lámbeme a noca e adéntrase nos ouvidos. Escoito renxer fortemente as trabes do teito. A angustia impéleme a espertar mais estou amarrada ao soño. Mollada, non sei se de auga ou de suor. É coma se eu mesma fose un anfibio.
Mentres soño, nas profundidades líquidas do sono, esquezo. Axúdame, noite poderosa. Quero acordar, mais axúdame antes a afogar en min esta presenza. Axúdame, noite, a diluír a interferencia nos meus soños.
Cando esperte debería rezar. O esconxuro esfiáñase mentres abro os ollos. A criatura xace morta no meu colo.
Compartir: